O venres 21 de outubro tivemos a oportunidade de ter ao colectivo Polo Correo do Vento en Argo Navis presentando o seu libro “Un Ronsel de Ardora”. Previamente, ás 18h houbo contacontos e debuxos en Juguetería El Parque, ambas actividades organizadas por Librería Miranda.

A partir das 20:30h puidemos contar cos seus autores, Enrique Mauricio e Carlos Taboada, en Argo Navis e gozar con eles dunha estupenda charla sobre a figura da investigadora galega Ángeles Alvariño, científica de prestixio e protagonista absoluta da súa obra editada por Lela Edicións. Sen dúbida, un traballo necesario que vos convidamos a coñecer, e que estamos encantad@s de contribuir a visibilizar. #argoCultura

María de los Ángeles Alvariño ( Serantes, Ferrol 1916- San Diego 2005) foi unha científica galega de recoñecemento internacional. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña. Descubriu 22 especies novas de organismos mariños, participou en diversas expedicións científicas  e escribiu case un cento de artigos sobre diferentes materias relacionadas co mundo oceánico que a apaixoaba. Nas súas palabras, hai que: “levar ao nenos e nenas á magnífica catedral natural, con paseos polo campo, praias e forestas…”. Esta pequena biografía, primeiro volume da colección “Mulleres galegas”, trata de achegar ao público máis novo a vida e a obra da científica galega. Os seus autores son os fundadores do colectivo Polo Correo do Vento, especializado en actividades infantís.

 

argo_navis_polo_correo_do_vento_02

0 Comments

Leave a reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Cóntanos

Podes escribirnos as túas dúbidas e suxestións

Sending

©2017 Asociación Argo Navis rede laboral

Pin It on Pinterest

Share This

Log in with your credentials

Forgot your details?