II Maratón Fotográfico San Martiño de Bueu

O Concello de Bueu convoca o II Maratón Fotográfico San Martiño de Bueu para difundir e premiar a creatividade e técnica na arte da fotografía de persoas afeccionadas e profesionais.

Temática

Forman parte da temática do Maratón todas as actividades relacionadas coa festa, así como as tradicións e costumes propias do San Martiño de Bueu. As fotografías presentadas terán que realizarse durante os tres días que comprende o maratón, para o que se programarán dous percorridos fotográficos organizados, un por cada categoría (adulta e infantil/xuvenil, consultar programación). Ademáis disto, as persoas participantes poden facer de xeito libre fotos representativas do San Martiño de toda a actividade en torno ás festas (pasarrúas, eventos relixiosos, comida, verbena, tradicións do outono coma o magosto, xogos tradicionais, etc).

Premios e categorías

Categoría adulta (maiores 14 anos)

  • Primeiro premio: 150€ + impresión e enmarcado da imaxe + lote entidades colaboradoras
  • Segundo Premio: 75€ + impresión e enmarcado da imaxe + lote entidades colaboradoras
  • Terceiro Premio: 50€ + impresión e enmarcado da imaxe + lote entidades colaboradoras

Categoría infantil/xuvenil (menores 14 anos)

Escolleranse as tres mellores fotografías, que recibirán como premio: impresión e enmarcado da imaxe + lote de entidades colaboradoras.

Selección de fotografías finalistas a maiores das xa premiadas, que pola súa calidade poidan formar parte da exposición organizada con motivo do II Maratón Fotográfico San Martiño de Bueu.

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS FINALISTAS E GAÑADORAS

Do 19 ao 26 de novembro, en horario de apertura da Praza de Abastos (rúa Montero Ríos, s/n 36930 Bueu).

Programación

O Maratón celebrarase do VENRES 11 AO DOMINGO 13 DE NOVEMBRO ambos inclusive, e os traballos entregaranse ata o LUNS 14 DE NOVEMBRO antes das 00:00h da noite preferiblemente por medios dixitais no formulario web de esta páxina, ou fisicamente na sede de Argo Navis en horario de 10:00h a 13:30h e de 16:30h a 20:30h (Montero Ríos nº 57 baixo, 36930 Bueu, Pontevedra).

11 NOVEMBRO. VENRES

Fotografía libre todo o día e, de 17:00 a 19:00h, percorrido fotográfico categoría infantil/xuvenil. Punto de encontro (presentación da actividade) e finalización (recollida crianzas): Argo Navis.

12 NOVEMBRO. SÁBADO

Fotografía libre todo o día e, de 10:00 a 13:00h, percorrido fotográfico categoría adulta. Punto de encontro: Argo Navis. A partir das 13:00h contaremos cun vermú/networking posterior no Noite Tapas con prezo especial de 1,5€.

13 NOVEMBRO. DOMINGO

Fotografía libre todo o día.

14 NOVEMBRO. LUNS

00:00h remata o prazo de inscrición online, existindo a posibilidade alternativa de recepción de candidaturas físicas en Argo Navis (consulta as bases).

18 NOVEMBRO. VENRES

Entrega de premios ás fotografías gañadoras e inauguración da exposición ás 20:30h no segundo andar da Praza de Abastos e concerto posterior ás 21:00h a cargo do grupo EZETAERRE

Formulario de inscripción

Máximo de 3 fotografías: arquivo dixital cun tamaño máximo de 3 MB e en formato JPEG ou PNG.

As persoas participantes deberán escoller un seudónimo para participar no maratón, neste senso, o nome do arquivo da imaxe seguirá o seguinte patrón:

maraton2016_seudonimo_01.jpg
maraton2016_seudonimo_02.jpg
maraton2016_seudonimo_03.jpg

[contact-form-7 404 "Not Found"]

Bases do concurso

Podes consultar e descargar as bases do concurso dende o seguinte enlace.

ORGANIZA:

logotipo do concello de Bueu

XESTIONA:

logo-argonavis

 

COLABORAN:

logo-despenslogo-juan-23logo-noitelogo-miranda

Cóntanos

Podes escribirnos as túas dúbidas e suxestións

Sending

©2017 Asociación Argo Navis rede laboral

Pin It on Pinterest

Share This

Log in with your credentials

Forgot your details?