Curso de Escritura Terapéutica en Argo Navis!

Os días 20, 27 de abril e 4 de maio, en horario de 20:30 a 21:30h, tivo lugar en Argo Navis o “Curso de Escritura Terapéutica: As palabras como ferramenta para o Autodescubrimento”.

A escritura terapéutica convídanos a escribir sobre as nosas emocións, pensamentos, valores e sensacións. Así, podemos colocar sobre a folla en branco todo o que se mestura na nosa mente e observalo dende fora, con outra perspectiva. Deste xeito, no canto de reaccionar ao que ocorre arredor, somos capaces de tomar unha decisión de actuar dunha maneira ou outra.

O obradoiro estivo dividido en tres partes, nas que se realizaron exercicios de escritura para perseguir diferentes obxectivos, e foi impartido por Andrea Pazos, psicóloga no ámbito da psicoloxía clínica e da saúde. Andrea traballa ata o momento con persoas maiores sas e tamén con demencia, ao tempo que fai terapia cos seus familiares. No ámbito privado, ten traballado con persoas mozas e adultas en situacións vitais moi diferentes. Unha parte importante do seu traballo está relacionada cos problemas e trastornos alimentarios e as dificultades de comunicación que entorpecen o noso día a día persoal e profesional.

 

0 Comments

Leave a reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Cóntanos

Podes escribirnos as túas dúbidas e suxestións

Sending

©2017 Asociación Argo Navis rede laboral

Pin It on Pinterest

Share This

Log in with your credentials

Forgot your details?