Data de publicación: Febreiro 2015

1.- Datos identificadores.

En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, os datos identificadores do titular do Portal Web www.redeargonavis.com son:

Argo Navis Rede Laboral
C/ Montero Ríos nº 57
36930 Bueu, Pontevedra
CIF: G94109527

Inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia, Sección 1, co número 2014/018831.

Para calquera dúbida ou consulta, pode poñerse en contacto connosco a través do e-mail: info@redeargonavis.com


2.- Condicións xerais de uso.

As presentes Condicións Xerais regulan o uso e acceso ao portal Web www.redeargonavis.com, cuxa finalidade é ofrecer aos usuarios información, servizos e contidos vía Web.

O acceso e a navegación en www. redeargonavis.com ou o uso dos servizos que se poñen á súa disposición na mesma, implican a aceptación expresa e íntegra de todos e cada un dos presentes Termos e Condicións Xerais, incluídas tanto as Condicións Particulares fixadas para certos servizos, como as Políticas de Privacidade e Cookies, relativas ás finalidades dos tratamentos dos datos que nos facilite. Por favor, recomendámoslle que as lea atentamente.

“Argo Navis Rede Laboral” resérvase o dereito a introducir modificacións ou omitir parcial ou totalmente os actuais contidos e/o servizos cando o considere oportuno, así como impedir ou restrinxir o acceso de forma temporal ou permanente. Así mesmo, “Argo Navis Rede Laboral” poderá modificar ou substituír os presentes Termos e Condicións en calquera momento e sen previo aviso.

Cando visita o sitio ou se comunica connosco a través do sitio ou empregando calquera outra forma de comunicación electrónica, como correo electrónico ou solicitudes de información, acepta expresamente a utilización e incorporación dos seus datos aos nosos ficheiros de xestión, seguimento e promoción para as finalidades recollidas no Documento “LOPD”, así como os termos e obrigas establecidos nas presentes Condicións Xerais.

Condicións de utilización de www.redeargonavis.com.

“Argo Navis Rede Laboral” non declara nin garante que o servizo se atope dispoñible/accesible para as persoas usuarias de maneira ininterrompida, dado a imposibilidade de garantir o acceso universal a Internet, a posibilidade de problemas na rede, avarías en equipos servidores e a outras posibles continxencias imprevisibles, fora do control de “Argo Navis Rede Laboral”.

“Argo Navis Rede Laboral” comprométese a realizar os seus máximos esforzos para garantir o axeitado almacenamento da información, de maneira que estea a disposición das persoas usuarias de Internet de maneira ininterrompida, non sendo en ningún caso responsable das interrupcións de dispoñibilidade motivadas por causas de forza maior ou fora do control de “Argo Navis Rede Laboral”.

“Argo Navis Rede Laboral” poderá interromper de maneira temporal o almacenamento da información nos seus servidores ou a información da mesma por parte das persoas usuarias de internet, por motivos de seguridade ou por restruturación dos seus recursos informáticos destinados a mellorar os seus servizos de almacenamento e posta a disposición da información da persoa usuaria a través de Internet.

En calquera caso, “Argo Navis Rede Laboral” realizará os seus máximos esforzos para que tales interrupcións afecten de maneira mínima ás persoas usuarias, non respondendo dos prexuízos causados por ditas interrupcións.

“Argo Navis Rede Laboral” poderá suspender o acceso ao servizo cando estime que calquera das accións da persoa usuaria e/o su acceso a www.redeargonavis.com sexa contrario á lexislación vixente, quedando expresamente prohibida a transmisión, recepción, distribución ou almacenamento de materiais ou informacións que infrinxan a lei ou regulamentación aplicable, ou infrinxan de calquera outra maneira as obrigas contidas nas presentes Condicións Xerais. “Argo Navis Rede Laboral” resérvase o dereito de notificar á persoa usuaria dita suspensión e os motivos da mesma, así como o dereito a comunicar aos órganos competentes calquera actividade ilícita ou contraria ás leis vixentes.

“Argo Navis Rede Laboral” adoptará todas as medidas ó seu alcance para impedir calquera tipo de conduta contraria ás Leis Españolas e cooperará coas autoridades competentes na identificación dos suxeitos responsables das accións que poidan supoñer violacións das leis aplicables ao presente sitio web.

3.- Propiedade intelectual e industrial.

O sitio web www.redeargonavis.com, as páxinas que comprende e a información ou elementos contidos nas mesmas (incluíndo textos, documentos, fotografías, debuxos, representacións gráficas, bases de datos, programas informáticos, entre outros), así como logotipos, marcas, nomes comerciais ou outros signos distintivos, atópanse protexidos por dereitos de propiedade intelectual ou industrial, dos que “Argo Navis Rede Laboral” é titular ou ben ostenta a autorización para uso por parte dos seus lexítimos titulares.

“Argo Navis Rede Laboral” non outorga garantía algunha sobre a licitude e legalidade da información ou elementos contidos nas páxinas de www.redeargonavis.com cando a titularidade dos mesmos non corresponda a “Argo Navis Rede Laboral”.

Aínda que realizamos os máximos esforzos para evitar calquera erro nos contidos que poden aparecer no sitio, a información contida no mesmo pode albergar imprecisións, erratas ou calquera tipo de erro.

A persoa usuaria está na obriga de usar os contidos de forma dilixente e correcta, de acordo á lei, á moral e a orde pública. “Argo Navis Rede Laboral” autoriza á persoa usuaria a visualizar a información que contén este sitio web, así como a efectuar reproducións privadas (simple actividade de descarga e almacenamento nos seus sistemas informáticos), sempre e cando os elementos sexan destinados unicamente ao uso persoal, salvo que expresamente se estableza algunha limitación que será informada expresamente á persoa usuaria. En ningún caso, isto significará unha autorización ou licenza sobre os dereitos de propiedade de “Argo Navis Rede Laboral”.

A persoa usuaria no está autorizada para proceder á distribución, modificación, cesión ou comunicación pública da información contida en www.redeargonavis.com en calquera forma e calquera que sexa a súa finalidade. Queda prohibida calquera modalidade de explotación, incluíndo todo tipo de reprodución, distribución, cesión a terceiros, comunicación pública e transformación, mediante calquera tipo de soporte e medio, das obras antes referidas, creacións e signos distintivos sen autorización previa e expresa dos seus respectivos titulares.

4.- Enlaces.

As conexións e enlaces a sitios ou páxinas web de terceiros establécense unicamente como unha utilidade para a persoa usuaria. “Argo Navis Rede Laboral” non é, en ningún caso, responsable das mesmas ou do seu contido.

5.- Responsabilidade.
5.1.- Responsabilidade da persoa usuaria.

A persoa usuaria será responsable de todos os datos e manifestacións que inclúa nos Formularios de rexistro e de todos os datos que remita directamente ou adxunte á súa consulta, así como do contido de calquera outra comunicación que remita a “Argo Navis Rede Laboral” a través de calquera outro medio.

O mero envío do Formulario de Contacto non implica a aceptación automática de “Argo Navis Rede Laboral” da súa solicitude, senón que se entenderá que “Argo Navis Rede Laboral” o acepta cando remita á persoa usuaria un email de resposta á súa solicitude.

5.2.- Responsabilidade de “Argo Navis Rede Laboral”

En ningún caso será “Argo Navis Rede Laboral” responsable de calquera dano indirecto ou inmediato, incluíndo, sen carácter limitativo ou restritivo, os danos e prexuízos por lucro cesante, danos á reputación, perdida de datos ou de uso causados polos servizos suministrados por “Argo Navis Rede Laboral” ou polo uso, mal uso o non uso por parte da persoa usuaria dos servizos e das consultas remitidas a “Argo Navis Rede Laboral”.

“Argo Navis Rede Laboral” non asume ningunha outra obriga e non presta ningunha outra garantía, expresa ou implícita, ademais das expresamente previstas nas presentes Condicións, quedando en todos os casos excluída toda responsabilidade contractual ou extracontractual de “Argo Navis Rede Laboral” por danos directos e indirectos de calquera clase e a calquera título, sufridos pola persoa usuaria ou terceiros, incluídos os danos derivados do uso ou non utilización dos Servizos, salvo en caso de “dolo o culpa grave”.

Calquera diminución no uso ou dispoñibilidade da páxina web ww.redeargonavis.com, non poderá servir de pretexto á persoa usuaria para deixar de cumprir as obrigas que contrae de conformidade coas presentes Condicións.

“Argo Navis Rede Laboral” non garante o acceso continuado, nin a correcta visualización, descarga ou utilidade dos elementos e información contidos nas páxinas do portal www.redeargonavis.com que poden verse impedidos, dificultados ou interrompidos por factores ou circunstancias fora do seu control ou alleas á súa vontade, nin de aqueles que sexan producidos pola existencia de virus informáticos en Internet.

“Argo Navis Rede Laboral” non é responsable da información e demais contidos integrados en espazos ou páxinas web de terceiros accesibles dende o portal www.redeargonavis.com mediante enlaces, hipervínculos ou links, nin da información e demais contidos integrados en espazos ou páxinas web de terceiros dende os que se acceda mediante enlaces, hipervínculos ou links ao portal de www.redeargonavis.com ou a calquera das súas páxinas web, nin da información e contidos de calquera páxina web de terceiros que se presente baixo a aparencia ou signos distintivos de “Argo Navis Rede Laboral” salvo autorización expresa desta última.

“Argo Navis Rede Laboral” non asume responsabilidade algunha con relación á información, contidos de todo tipo, produtos e servizos ofertados ou prestados a través de www.redeargonavis.com por terceiras persoas ou entidades.

6.- Protección de datos de carácter persoal.

Toda a política de tratamento de datos persoais a atoparás na LOPD, que forma parte integrante destas Condicións Xerais pero que, por simplicidade, puxemos nun documento aparte: LOPD.

O envío de formularios implicará o consentimento expreso da persoa afectada para a incorporación dos seus datos de carácter persoal aos ficheiros de xestión de “Argo Navis Rede Laboral”, para as finalidades descritas na política de privacidade.

7.- Notificacións.

Calquera notificación ou preaviso por calquera das partes deberá remitirse ás direccións establecidas e proporcionadas polas partes, por calquera método que permita crer razoablemente que esa información chegou segura, a ser posible mediante correo electrónico.

As notificacións que a persoa usuaria remita a “Argo Navis Rede Laboral” pode facelo ó enderezo electrónico info@redeargonavis.com ou ó enderezo postal que segue:

Argo Navis Rede Laboral
C/ Montero Rios nº 57
36930 Bueu, Pontevedra

8.- Xeneralidades e dereito aplicable.

Si algunha cláusula ou apartado das presentes Condicións Xerais de Uso, que non sexa de natureza esencial para a existencia do mesmo, é declarada nula ou inaplicable, a validez das restantes cláusulas non se verá afectada.

A persoa usuaria non podera ceder, traspasar nin subarrendar a ningunha persoa natural ou xurídica os dereitos ou obrigas que lle corresponden en virtude das presentes Condicións Xerais de Uso e Condicións Particulares establecidas para certos servizos.

Os títulos das cláusulas son meras referencias, sen que poidan considerarse como interpretación ou explicación dos seus respectivos contidos.

As presentes Condicións Xerais e Particulares para certos servizos rexeranse e interpretaranse de acordo coa Lexislación Española.

As partes tratarán de resolver as súas diferenzas respecto ás presentes Condicións Xerais e Particulares para certos servizos de maneira amistosa. En caso de non chegar a ningún acordo, con renuncia a calquera furo propio que puidera corresponderlles, as partes poderán recorrer ante a xurisdición ordinaria Española.

 

Cóntanos

Podes escribirnos as túas dúbidas e suxestións

Sending

©2017 Asociación Argo Navis rede laboral

Log in with your credentials

Forgot your details?