Ti tamén podes ser rede Argo Navis!
Argo Navis é unha rede creativa e dinámica de crecemento profesional. Está formada por persoas traballadoras autónomas e pemes, que colaboran dun xeito proactivo e comparten unha filosofía e valores comúns.
Queres un bo motivo?
Argo Navis é unha rede con identidade cultural que busca converterse nunha antena colectiva de captación de ideas que promovan e activen o desenvolvemento local, social, económico e cultural.
Busca ser una iniciativa referente en Galicia de creación de valor diferencial a través do traballo colaborativo, que xere confianza e que aporte valor engadido mediante a xeración de capital social e o fomento de iniciativas innovadoras.
E por se todo isto fora pouco… deixamos que os nosos mellores expertos vos expliquen aínda mellor! Non perdas ollo ao video!
Argo Navis non é unha oficina compartida
Argo navis é moito máis que iso! Creemos, compartimos e tratamos de promover unha serie de valores éticos en sintonía coa nosa filosofía de vida e traballo. Queres saber máis? Segue lendo ! 😛
CREACIÓN DE VALOR DIFERENCIAL
Buscamos o estímulo do crecemetno persoal e da CREACIÓN DE VALOR DIFERENCIAL a través do impulso dunha rede profesional creativa e dinámica formada por persoas que asuman valores como a PROACTIVIDADE, o OPTIMISMO, a INNOVACIÓN e a CREATIVIDADE constantes, combinados cunha actitude COHERENTE, COMPROMETIDA, RESPECTUOSA e PROFESIONAL.
MODELO LABORAL ABERTO E COLABORATIVO
Tratamos de impulsar un novo modelo laboral, innovando nas novas maneiras de traballar, convivir e colaborar, xerando espazos sociais que lles ofrezan ás persoas intersección de coñecemento, contactos, experiencias diferenciais e cultura libre fora dos circuítos de consumo habituais, perseguindo a didáctica e a participación cidadá como base do desenvolvemento.
INCLUSIVIDADE E SOLIDARIEDADE
En Argo Navis queremos promover a creación dun espazo de traballo INCLUSIVO, SOLIDARIO E NON DISCRIMINATORIO por razón de xénero, clase, raza ou orientación sexual, facendo especial fincapé no fomento de valores como a cooperación, a tolerancia e a igualdade. Tamén a través de todas as iniciativas que se promoven e organizan dende a rede.
DESENVOLVEMENTO LOCAL E SOSTIBLE
Todo argonauta aspira impulsar unha iniciativa comprometida coa sociedade, unha rede con identidade cultural que active e intensifique o DESENVOLVEMENTO LOCAL a través da creación de capital social, e que aposte por un DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE, poñendo especial atención no coidado do medio, na eficiencia enerxética e na protección da natureza.
Gustaríache formar parte dun proxecto así?
Queremos escoitar as túas ideas, vence a timidez e escríbenos xa !