Que son @s argonautas?

@s argonautas son as persoas que forman parte da rede laboral, existen catro modalidades diferentes de pertenza á constelación segundo as necesidades de cada quen.

Coñécenos !

De quen foi a idea?

Argo Navis mira ao mar dende o baixo dunha casiña de pedra en Bueu, en fronte a praia de Pescadoira. Ao temón do navío, seis persoas emprendedoras de diferentes ámbitos profesionais, enchemos as velas e iniciamos a singradura deste proxecto común baseado na economía colaborativa e no traballo en rede, sen outro fin que trincar a escota dunha ilusión. Nós somos @s soci@s fundadores !

Elisa-diaz-argonauta-perfil

Arquitectura

maria-novas-argonauta-perfil

Arquitectura

martin-loureiro-argonauta-perfil

Arquitectura

ana-lopez-ana-pezz-argo-navis

Expresión plástica

juan-barcia-the-special-juan-argo-navis

Deseño gráfico

xabier-castro-xabicas-argo-navis

Fotografía

Con quen compartimos os noso lugar de traballo?

@s soci@s mesa foron os seguintes en chegar. Con el@s compartimos o día a día no local, dependendo da súa escolla, a xornada completa ou a media xornada. Se ti tamén precisas dun lugar físico no que poder desenvolverte compartindo experiencias, este é o teu sitio !

bibiana-camano-argonauta-perfil

Psicoloxía

alba-sotelo-foto-video-argo-navis

Fotografía & vídeo

E se eu son un ente nómada?

As persoas asociadas na modalidade nómada poden gozar dos servizos da rede sen a necesidade ter que ocupar un espazo físico de maneira continua no local, é o teu caso? Infórmate !

manuel-casas-argonauta-perfil

Carpintería aluminio

david-coach-certificado-argo-navis

Coaching

luis-framil-carpinteria-argo-navis

Carpintería

igcas-construcciones-nacho-argo-navis

Construción

fontaneria-argo-navis

Fontanería

Eu o que quero é organizar talleres!

Para iso creamos @s soci@s talleristas ou por horas, el@s son fundamentais no desenvolvemento da rede e no crecemento e mellora das súas características na medida en que esta promova actividades que dinamicen o seu entorno.

Didier Diaz mestre taller Ecopercusion

Obradoiro musical

banda-desenada-josuha-martinez-argo-navis

Banda deseñada

Cóntanos

Podes escribirnos as túas dúbidas e suxestións

Sending

©2017 Asociación Argo Navis rede laboral

Log in with your credentials

Forgot your details?