Argocharla Marketing Musical, Comunicación e Imaxe

O venres 31 de marzo ás 21h puidemos gozar da #argocharla “marketing musical, comunicación e imaxe: Claves para que un/unha artista poida crear e manexar a súa imaxe”. Da man de Bea Caminha (Produtriz) e coa banda de rock alternativo de Vigo Maryland, convidados para falar da experiencia como artistas, estivemos explorando conceptos como o marketing mix, a creación da marca e a comunicación.

Para isto partimos dunha base: xa tes un disco, e agora que? Tes que coñecer ao teu público, coñecer o mercado no que encaixa e dirixir as túas accións cara el. Pero antes de lanzarte así, ás toas, ten en conta que todo o que fas comunica, e para que o que ti queres, que a túa música e as túas cancións, cheguen ao público, hai que seguir certos pasos!

Bea Caminha é graduada en Produción de audiovisuais e espectáculos. Actualmente dedicada á comunicación e prensa de proxectos culturais. Cunha clara vocación polo mundo que hai ‘detrás da música’, colaborou en diversos proxectos tanto como freelance, como en axencia creativa levando a cabo plans de medios e comunicación, community management, estratexias online, prensa e PR 2.0… Socia fundadora de Moucho Records, un pequeno selo 360º, no que realiza as tarefas de management e promoción.

0 Comments

Leave a reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Cóntanos

Podes escribirnos as túas dúbidas e suxestións

Sending

©2017 Asociación Argo Navis rede laboral

Pin It on Pinterest

Share This

Log in with your credentials

Forgot your details?