Argo Navis nas Xornadas “A Forza do Local”

O venres 21 de outubro estivemos participando nas Xornadas “A Forza do Local, a Microeconomía Sostible como Realidade” organizadas polo Concello de Poio. Foron estas unhas xornadas, do 21 ao 22 de outubro, adicadas “ao desenvolvemento local, que non so abrangue aspectos económicos senón que inclúe perspectivas e solucións medioambientais, urbanísticas e patrimoniais, tecnolóxicas, sociais e culturais” dende unha chega que toma “como punto de partida exemplos reais de boas prácticas do nosos redor, innovadoras e pertencente transferibles territorialmente.”

Entre outros interesantes proxectos, Argo Navis tivo a oportunidade de compartir a mesa das 18h “Motivación empresarial dende o local e cultura colaborativa” con iniciativas como a de Mariem Filgueira de Sherpa Empresarial, Noemi Mozos e Mónica Pintos, as tres son mulleres emprendedoras e desenvolvedoras de proxectos de futuro, como o exposto na xornada “TeladeAraña, rede de profesionais e negocios”. Nesta rede participan negocios de Pontevedra e tamén algunhas persoas coworkers do Espacio Arroelo, sede de cultura colaborativa, como Argo Navis, da boa vila 🙂. Tanto Mariem como Noemi participaron na creación do Proxecto Senda (Área de Promoción Económica do Concello de Poio), que terá a súa segunda convocatoria no 2017, para que o cambio siga producíndose! Agardomos volvernos atopar pronto, e se é en iniciativas necesarias coma esta, mellor!

Fotografías cortesía de Bien Bonito.

argo_navis_forza_local_poio_02

Voandeiras do evento:

 

0 Comments

Leave a reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Cóntanos

Podes escribirnos as túas dúbidas e suxestións

Sending

©2017 Asociación Argo Navis rede laboral

Log in with your credentials

Forgot your details?