argo-navis-logo-estrela-branca

QUE É ARGO NAVIS?

Argo Navis é unha rede creativa e dinámica de crecemento profesional. Está formada por persoas traballadoras autónomas e pemes, que colaboran dun xeito proactivo e comparten unha filosofía e valores comúns. Argo Navis é unha rede con identidade cultural que busca converterse nunha antena colectiva de captación de ideas que promovan e activen o desenvolvemento local, social, económico e cultural.

Ti tamén podes ser rede Argo Navis!

Coñece o espazo

Argo Navis busca ser una iniciativa referente en Galicia de creación de valor diferencial a través do traballo colaborativo, que xere confianza e que aporte valor engadido mediante a xeración de capital social e o fomento de iniciativas innovadoras.

A súa sede quere axustarse a estes requirimentos: ser un espazo flexible que se adapte a diferentes necesidades: lugar de traballo, talleres, charlas, actividades, etc. Un lugar cunha visibilidade estratéxica na vila Bueu, que mira ao mar fronte a praia de Pescadoira. Un espazo agradable e con moita luz natural, que transmite enerxía positiva e ganas de traballar dun xeito diferente.

Como podemos axudarche?

Estas son algunhas das cousas das que todo argonauta pode dispoñer !

Espazo de traballo

Se precisas un espazo diferente e con bo ambiente no que desenvolver o teu traballo, realizar talleres creativos ou facer unha presentación, Argo Navis é o teu sitio! Temos internet a alta velocidade, teléfono argonáutico e fotocopiadora, que máis se pode pedir?

Sala de reunións

Reúnete con quen ti queiras no espazo que temos deseñado para tal fin no local. Aínda que ademais de recibir á túa clientela, no office poderás preparar café, falar tranquilamente ou quentar o teu tupper do mediodía.

Espazo para publicidade

Se es argonauta, estarás presente na nosa sede e nos eventos aos que vaiamos, a túa información sempre formará parte da rede. Para nós a visibilización do teu proxecto, no conxunto da iniciativa, é sempre prioritaria.

Recollida de chamadas e paquetes

Conta co noso servizo de recollida de chamadas e xestiona calquera entrega postal, tanto de material (recollida de paquetería) como de comunicacións informativas ou publicitarias, a través da dirección postal de Argo Navis.

Promoción nas nosas redes sociais

A nosa rede laboral está presente nas outras redes, as sociais. Argo Navis é un colectivo transparente e próximo cun plan de comunicación axeitado que así o reflexa. Queremos compartir e divulgar os teus méritos/novas/proxectos, axúdasnos?

O teu propio apartado na nosa web

Se inda non tes sitio web, dentro de esta páxina podes ter a túa información de contacto sempre dispoñible. E se tes tamén! Formar parte da rede significa estar presente tamén na súa extensión no universo dixital.

Queres estar enterad@ de todo?

Suscríbete a nosa newsletter

Suscríbirse

E séguenos nas nosas redes sociais

Logotipo en blanco Fundación MÁS QUE IDEAS Logotipo en blanco Fundación MÁS QUE IDEAS Logotipo en blanco Fundación MÁS QUE IDEAS

Novas

Consulta as últimas novas, a axenda argonáutica e toda a información que precises sobre as actividades que teñen lugar en Argo Navis nesta sección. Queremos seguir ampliando o noso caderno de bitácora, contamos contigo para o relato desta singradura? ^^

Campaña de Verán 2017+

Campaña de Verán 2017

Máis post

Os nosos colaboradores

Logotipo Interpyme

Asesoría Interpyme

Logotipo CopyEs

Reprografía copy.es

Cóntanos

Podes escribirnos as túas dúbidas e suxestións

Sending

©2017 Asociación Argo Navis rede laboral

Pin It on Pinterest

Log in with your credentials

Forgot your details?